Neorrhina punctata
Aparencia
Neorrhina punctata | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un exemplar en Swifts Creek, Victoria | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Neorrhina punctata (Donovan, 1805) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
Numerosos, ver texto |
Neorrhina punctata é unha especie de escaravello australiano da familia dos escarabeidos, subfamilia Cetoniinae, tribo Schizorhinini. Ten vivas cores, vive en zonas boscosas ou urbanas, come nectar de eucalipto ou Angophora e voa cos élitros pechados, o cal é moi peculiar entre os escaravellos. As larvas viven en troncos podres ou materia vexetal en descomposición.[1]
Este escaravello vive na Australia continental, desde Victoria, a Nova Gales do Sur e ata o norte de Queensland.[1]
Tamén se coñece por outros nomes científicos sinónimos, pero que hoxe son obsoletos ou estaban mal escritos (lapsus):
- Cetonia punctatum (lapsus)
- Cetonia punctata Donovan, 1805
- Neorrhina punctatum (lapsus)
- Polystigma punctatum (lapsus)
- Polystigma punctata (Donovan, 1805)
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neorrhina punctata |
- ↑ 1,0 1,1 "Punctate flower chafer fact file". Australian Museum. Consultado o 2007-05-15.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |